Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Mago Martín Camiña trae á...

VENRES 5 DE AGOSTO ÁS 22.30 HORAS

O Mago Martín Camiña trae á Praza do Concello de Carballo o seu "Feitizo" no marco do Verán Cultural

Martes 2 de agosto do 2011

O mago pontevedrés Martín Camiña conta cunha dilatada experiencia profesional no mundo do ilusionismo, premiado por distintas sociedades e federaciones nacionais e internacionais. Galicia, Granada, Valencia, Portugal, Alemaña, ou Xapón son só algúns dos lugares que contemplaron a súa maxia. Colaborador na Radio Galega, ten participado en múltiples congresos e seminarios de prestidixitación, ademáis de realizar actuacións para diversas institucións e eventos de carácter público e privado. "Feitizo" é un espectáculo que mistura a maxia, o humor e a participación do público, percorrendo os diferentes estilos na arte da ilusión. É un conxunto de prácticas destinadas a conseguir un efecto máxico ou extraordinario. Quén non soñou con dominar elementos intanxibles coma o fume, ou adiantarse ao pensamiento de alguén, ou cambiar as cousas de cor? Maxia sentado nunha mesa e maxia de escena, con cordas, manipulación de cartas, colaboración dos espectadores, humor, música, e moito máis. Os interesados e interesadas tan só teñen que desfrutar da súa maxia na Praza do Concello de Carballo. O venres 5 de agosto a partires das 22.30 horas.

Compartir: