Inicio Carballo ao día Hemeroteca A maxia de Dani García e os sons galegos...

VENRES 19 DE AGOSTO ÁS 20.00 E ÁS 22.30 HORAS

A maxia de Dani García e os sons galegos de Roi Casal, protagonistas do programa do Verán Cultural

Martes 16 de agosto do 2011

"Maxicamente vello" ofrece un conxunto de cancións coas que Roi consolídase como un dos referentes da música feita en Galicia. Coa sonoridade característica que lle confire a arpa, a zanfona ou o bouzouki, é un disco que mira cara a tradición dende a modernidade, dando como resultado un traballo maduro repleto de matices e no que participa o grupo habitual dos directos de Roi nos dous últimos anos. O propio Roi Casal define este traballo como un xeito de plasmar "unha canción que transmite unha gran emoción, cargada de simbolismo. Este tema converteuse por si mesmo nun himno e é un dos momentos cume de cada concerto. Considerei xusto que o meu novo disco leve o seu nome, pois é unha forma de agradecer ao público o seu apoio durante estes dous últimos anos". No seu grupo están Silvia Ferre, cun timbre de voz perfecto para os matices da música de Roi; Dani Riveiro, batería e percusionista sempre ligado a infinidade de ritmos, dende o folk máis tradicional ata toques de jazz; Alfonso Merino, que toca o violín, o bouzouki e guitarra acústica e que compartiu escenario con músicos do talle de Sondeseu ou Carlos Núñez; Manu Conde, guitarra eléctrica e guitarra acústica; Alfredo Susavila, teclados; e Pablo Pérez, baixo eléctrico e contrabaixo, músico cun gran sentido do espazo e grandes liñas.

Compartir: