Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Director Xeral de Industria, Enerxía e...

REUNIÓN COS EMPRESARIOS

O Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas visita Carballo

Luns 19 de decembro do 2005

A reunión cos empresarios, a celebrar no Salón de Plenos do Concello de Carballo, serve para abordar entre as dúas partes as necesidades da comarca en canto ao seu desenvolvemento industrial e por de manifesto a situación actual. Tan pronto como remate a xuntanza, Anxo Ramón Calvo ofrece ás 20.00 h no Pazo da Cultura a conferencia O papel da lingua nas estratexias empresariais. Os obxectivos que persegue a iniciativa son os de poñer de relevo entre o empresariado da vila o importante papel da lingua e das estratexias comunicativas dentro das empresas, e dar a coñecer o compromiso da Administración galega coa normalización lingüística no ámbito empresarial. Ademais, no transcurso da conferencia entregaránselles os diplomas ás persoas participantes nos cursos de iniciación e perfeccionamento da lingua galega 2005, no Curso para a optimización da comunicación empresarial e no Obradoiro de estratexias de atención ao público para o comercio.

Compartir: