Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde no pleno a unha bonificación no...

APROBADO O PLAN ESPECIAL DE DOTACIÓNS PARA O COLEXIO ARTAI

Luz verde no pleno a unha bonificación no ICIO para tres empresas que proxectan instalarse no parque empresarial de Bértoa

Luns 31 de xaneiro do 2011

Outro dos puntos da orde do día, que tamén recibiu o visto e prace unánime de todos os membros da corporación, foi a aprobación do Plan especial de dotacións para un centro docente na Avenida de Razo, referido ao colexio Artai. Este asunto xa recibira no seu momento a aprobación inicial, e despois de seguirse todos os trámites e procedementos legais pertinentes e de que non se presentase alegación algunha, proponse a aprobación definitiva do pleno. Unha vez tramitado o plan especial, os promotores deberán realizar as xestións para obter a licenza correspondente. A orde do día ten como último punto o seguimento de órganos de goberno, no que se inclúe a dación de conta do Informe de Intervención e Tesourería do cumprimento da Lei 3/2004 de 29 de decembro de loita contra a morosidade relativo ao cuarto trimestre de 2011. Debido a un problema informático, non foi posible presentalo durante a sesión, polo que darase conta do informe na próxima sesión plenaria. Hai que mencionar que ao principio do pleno gardouse un minuto de silencio para honrar aos policías falecidos a pasada semana nun rescate na Coruña, así como para lembrar ao desaparecido ex presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne. A sesión prolongouse durante pouco máis de 45 minutos.

Compartir: