Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Director Xeral de Deportes inaugura a Pista de...

AXENDA

O Director Xeral de Deportes inaugura a Pista de Xeo

Xoves 22 de decembro do 2005

A visita comeza cunha recepción no Concello, a última hora da mañán, previo paso a un xantar con representantes de Gadisa. Ás 17,00 horas está prevista a inauguración oficial da Pista de Xeo no polideportivo Bergantiños para, acto seguido, facer unha visita ao campo de fútbol das Eiroas e outra á zona deportiva do Colexio Fogar. No primeiro dos casos, o grupo de goberno trasladará ao Director Xeral de Deportes a necesidade de sustituir o céspede artificial e, no tocante á zona deportiva do Colexio Fogar, a pretensión de construir unhas pistas de padel. Ademáis, e para pechar a xornada, Santiago Domínguez manterá un encontro co momevento asociativo deportivo da localidade, ás 19,00 horas, e tomará parte na entrega de axudas do Padroado Deportivo Municipal do ano 2005, ás 20,00 horas.

Compartir: