Inicio Carballo ao día Hemeroteca A proposta para o novo Regulamento Municipal do...

A NORMATIVA DEBE DE SER APROBADA EN PLENO

A proposta para o novo Regulamento Municipal do Mercado establece unha sinalización e un vestiario unificado por gremios

Mércores 4 de abril do 2012

Na xuntanza estiveron presentes, ademais de Milagros Lantes, o Acalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira; José Antonio Viña, en representación do PSOE; e Juan Carlos Castro, do PP. Manuel Andrade, de TEGA, pediu desculpas por non poder asistir. Entre os puntos do Regulamento tamén se recollen as obrigas xerais dos concesionarios dos postos e do encargado, pero tamén dos consumidores. Entre as obrigas dos praceiros está, por exemplo, a conservación e mantemento dos locais, debendo realizar pola súa exclusiva conta as obras que se recollan no prego de condicións como necesarias para a adecuación do posto, así como todas aquelas obras que requira a súa explotación e adecuación ás normas sanitarias e hixiénicas, recibindo do Concello a correspondente autorización de obras. Respecto do encargado, entre as súas funcións recóllese que deberá vixilar polo cumprimento do regulamento, así como da limpeza, orden e conservación do edificio ou de inspeccións periódicas encargadas polo Concello.

En canto ás obrigas dos consumidores, hai que mencionar entre elas que deben de tratar con cortesía aos traballadores do mercado e vendedores/as; utilizar conforme ao seu destino os distintos elementos do mercado; non tocar as mercadorías expostas ao público cando se trate de produtos alimenticios facilmente deteriorables; non acceder ao interior do recinto acompañados de animais de compañía, coa excepción de cans guías. Tamén teñen dereito a utilizar as instalacións do mercado e á adquisición dos productos de venda, utilizando os medios informáticos que poidan habilitarse polo concello; ser atendidos polos vendedores de forma correcta; que os diferentes productos de venda expoñan con claridade o prezo e orixe da mercancía; a utilización de follas de reclamación, que estarán á súa disposición nas dependencias do mercado ou ben presentar a súa reclamación directamente no Concello; obter do encargado a información que precise sobre o mercado. Por último, o regulamento tamén recolle todo relacionado co funcionamento xeral da praza, como por exemplo o horario. Mañás: luns, martes, mércores, venres e sábados de 8.30 a 14.00 horas; tardes de inverno: luns, martes, mércores, venres e sábados de 16.30 a 20.30 horas; tardes de verán: de 17.00 a 21.00 horas; xoves (mercado) de 8.00 a 20.30 horas e domingos de feira de 8.00 a 14.00 horas.

Compartir: