Inicio Carballo ao día Hemeroteca A compañía galega Entremáns...

SÁBADO 14 DE ABRIL ÁS 21.00 HORAS

A compañía galega Entremáns abre os espectáculos para adultos de Primavera enDanza con "Blondy's Coffee"

Martes 10 de abril do 2012

A dirección artística colectiva é un dos sinais de identidade de Entremáns, unha compañía que xa ten visitado Carballo con anteriores coreografías como "En la cuenca de tus ojos" (2007), "Que pasa aquí?" (2008) e "Concerto Desconcerto" (2009). Nesta nova visita a Carballo, e dentro das actividades paralelas de Primavera enDanza realizarán unha presentación previa de "Blondy's Coffee" para achegar a danza contemporánea ao público dunha maneira máis directa. Esta exhibición comeza o mesmo sábado 14 ás 13.00 horas no Xardín Municipal. Para complementar "Blondy's Coffee", Entremáns tamén facilita a presenza no andar -1 do Pazo da Cultura da exposición "Evanescencias" que lles ten servido de inspiración. Trátase dunha colección fotográfica, con imaxes de corpos femininos espidos realizadas con luz natural, recollendo posturas, modos, texturas e símbolos suxerentes e de gran beleza. Pode visitarse do martes 10 ao sábado 14 de abril en horario de 18.00 a 21.00 horas. Por último, "Blondy's Coffee" compleméntase cunha proxección de vídeo danza sobre esta peza coreofráfica realizada por Masako Hattori. As vídeo creacións que se proxectan durante o espectáculo poden verse tamén no andar -1 do Pazo da Cultura no mesmo horario que a mostra. Os vídeos duran 13 minutos.

En Familia: ciclo Letras Vivas con Traspediante

Non hai que esquecer as actividades para cativos e cativas. Así, Primavera enDanza comeza cunha actuación do ciclo En Familia. A Compañía Traspediante presenta "Baila un vestido verde" dentro do programa Letras Vivas da Xunta de Galicia. A cita é o venres 13 de abril ás 18.30 horas. A entrada e libre e gratuíta, aínda que dende a Concellaría de Cultura recomendan unha inscrición previa por se chegase a hacer problemas de aforo. A duración prevista do espectáculo é e 60 minutos. "Baila un vestido verde" é un espectáculo de pequeno formato creado a partires dun conto narrado, interpretado e bailado e no que a música e movemento xogan un papel principal. A cita está dirixida ao público máis novo (entre 3 e 10 anos), que poderá desfrutar da historia dunha rapaza peculiar que anda na procura dun vestido verde.

Compartir: