Inicio Carballo ao día Hemeroteca A compañía de Natxo Montero visita...

VENRES 20 DE ABRIL A PARTIRES DAS 21.00 HORAS

A compañía de Natxo Montero visita por primeira vez Primavera enDanza con "Carni de primà qualitá"

Martes 17 de abril do 2012

Respecto da ficha artística do espectáculo, está dirixido por Natxo Montero, así como creado e interpretado por Patricia Fuentes e Natxo Montero. A iluminación corre a cargo da propia compañía e de Gabo Punzo. Por último, a fotografía é de Jesús Valliñas. Respecto do currículum de Natxo Montero, dende moi movo comeza no mundo da danza, primeiro na danza tradicional vasca co grupo Gaztedi Dantzari Taldea e en 1995 principia a formarse en danza contemporánea con Matxalen Bilbao, Cristina Quijera, Idoia Zabaleta, Marga Arroyo ou Olaf Keler. Continúa a súa formación entre Bruselas, Barcelona, Lisboa e Francia da man de artistas e mestres como: David Zambrano, Ted Stoffer, Wim Vandekeybus, German & Jorge Jauregi, Alexis Eupierre, Lipi Hernández, Iñaki Azpillaga, Roxanne Huildman, Didier Sihol, Mónica Valenciano, Martín Kilvadi, Marielle Morales e Rasmus Ölme entre outros. Ten traballado como intérprete en compañías como: Gaztedi dantzari Taldea, Organik, Steak Tartar, a galega Pisando Ovos que xa visitou Primavera enDanza, Sofie Saller, Félix Ruckert Company (Berlín-Marseille) ou Cia Francoise Murcia. Entre as súas últimas creacións e colaboracións destaca, ademais de "Carni di primà qualitá", a peza "Usted está aquí" (2011), da Cia Licenciada Sotelo, dirixida por Ana Vallés.

Compartir: