Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os concellos de Carballo e Coristanco formalizan...

A EDAR DE NOVÍ TEN CAPACIDADE PARA 4.000 HABITANTES

Os concellos de Carballo e Coristanco formalizan a recepción da obra Colectores xerais e Estación Depuradora (EDAR) de Ardaña

Mércores 18 de abril do 2012

Así mesmo, os rexedores de Carballo e Coristanco amosaron a súa vontade de manter xuntanzas nos próximos días para falar do futuro acordo ao que deberán chegar os dous concellos e os mecanismos que se empregarán para financiar o mantemento das instalacións, que recaerá nas dúas administracións. A Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Noví foi deseñada a través dun proxecto para dar servizo ás parroquias de Rus e Ardaña en Carballo, e á de Erbecedo, en Coristanco, aínda que máis adiante ampliouse a cobertura grazas a unha actuación incluída no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FEELS 2010) para o Concello de Carballo, que supuxo a prolongación do servizo á parroquia de Entrecruces. Así, incorporouse un colector xeral dende o Río Grande nun proxecto que contou cun prezo de adxudicación de 360.000 euros. Os colectores recollen as augas fecais para envialas á nova depuradora, o que permite que os veciños e veciñas desta zona conten con servizo de saneamento. Hai que lembrar que a finais de 2011 tamén se formalizou a recepción dos traballos dunha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) en Baldaio, así como os colectores e bombeos correspondentes para dar servizo a unha poboación de 2.000 habitantes e cun custe de 2 millóns de euros. Neste caso, foi unha recepción parcial, xa que queda excluída a explotación da EDAR, que recae na empresa adxudicataria durante catro anos.

Compartir: