Inicio Carballo ao día Hemeroteca "La Cenicienta" chega a Primavera...

EN FAMILIA: SÁBADO 21 DE ABRIL ÁS 20.00 HORAS

"La Cenicienta" chega a Primavera enDanza da man da compañía aragonesa La Mov Cía de Danza

Xoves 19 de abril do 2012

La Mov Cía de Danza comezou a súa andadura no ano 2008 coa dirección de Víctor Jiménez, un bailarín e coreógrafo de longa traxectoria profesional. Formado profesionalmente na compañía de Víctor Ullate e na de Bèjart Ballet Lausanne, dirixida por Maurice Bèjart, tamén foi solista do Ballet da Ópera de Lyon. Está Licenciado en Danza polo Real Conservatorio de Arte Dramático y Danza de Madrid (RESAD) y ten recibido formación actoral no Real Conservatorio de Arte Dramático y Danza de Madrid (RESAD). Nas súas creacións conta con bailaríns como a arxentina Luciana Croatto, formada na escola do Teatro Colón de Bos Aires. Cunha bolsa, gaña en Francia o terceiro premio do Concurso Internacional de Danza de París en 2000. O xornal Le Figaro descríbea como a herdeira da bailarina francesa Sylvie Guillem. En 2001 é Medalla de Ouro da Rexión de Aquitania, no Teatro Femina de Burdeos. Pertence á La Mov. Cía de Danza dende 2008. Ou o italiano Mattia Furlan, formado en estudos de danza clásica e moderna na Escola CRT de Venecia, Milán e Nova York (Steps, Broadway Studios e Alvin Ailey Studios). A súa traxectoria profesional comeza na compañía do Teatro de Turín. Ten traballado con coreógrafos como Emio Greco, Luciana Melis, Avi Kaiser ou Inma Rubio. É bailarín de La Mov. Cía de Danza dende 2010.

Compartir: