Inicio Carballo ao día Hemeroteca A organización espera que arredor de mil...

INSCRICIÓNS: ATÉ O 11 DE XUÑO

A organización espera que arredor de mil corredores participen na II Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo

Venres 20 de abril do 2012

Dende a organización queren subliñar o feito de que a proba sexa gratuíta, e agradecen a colaboración dos patrocinadores (xa confirmados Alquileres Reneymar, Begano e La Caixa), así como de todas as entidades que voluntariamente contribúen á celebración da cita: Asociación Deportiva Media Ducia, Clube Ciclista Carballo-Placasa, Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Carballo, Brigada de Obras e Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia. O Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, amosou durante a presentación da carreira a "satisfacción" de poder ter no calendario unha proba tan relevante , cun circuíto homologado e nun municipio como Carballo. Para Hornillos "o Concello responde á demanda da poboación de que se celebren probas deportivas, e ademais, de xeíto gratuíto". Tamén felicituou ao Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, por seguir apoiando este tipo de citas. Á súa vez, o rexedor subliñou que se está no camiño para "iniciar un xermolo para que o atletismo sexa unha realidade" no municipio. Explicou que nesta edición se barallou a posibilidade de que a proba non fose gratuíta, cedendo os beneficios a organizacións non gubernamentais e entidades sociais, pero optouse de novo pola gratuidade á espera de que a proba se consolide.

Respecto das características técnicas da carreira, hai que mencionar que ten unha distancia máxima de 10.000 metros divididos en dúas voltas de 5.000 metros, estando previstas as saídas para categorías Junior, Senior e Veteranos ás 12.00 horas e para categoría Xuvenil ás 11.30 horas. A carreira contará con cronometraxe por chips e ten unha pendente media dun 2,3 por cento e máxima dun 8 por cento. Ademais de a través da páxina web de <www.championchipnorte.com>, os interesados e interesadas poden formalizar as inscricións nas oficinas Carballo Deporte da capital municipal carballesa situadas na Rúa Vila de Corcubión. Pódese, así mesmo, acceder ás ligazóns para a inscrición ou descargar o regulamento da proba nesta mesma nova.

Compartir: