Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde para o contrato de servizos de...

APROBACIÓN INICIAL DO PLAN ESPECIAL PARA ASPABER

Luz verde para o contrato de servizos de Mantemento das portas automáticas dos edificios de titularidade municipal do Concello

Luns 23 de abril do 2012

No apartado de subvencións, recibiu luz verde unha solicitude á Deputación provincial da Coruña dentro da Convocatoria do programa de limpeza de praias para a anualidade de 2012 por un importe de 33.840 euros do total do custo do contrato de limpeza de praias (de 42.300 euros) por un prazo de tres meses. Aprobouse así mesmo a concesión dunha axuda no marco das subvencións Carballo Activa, que trata de promover a inserción laboral do alumnado do Centro Municipal de Formación que ao finalizar o seu período formativo reciba unha avaliación positiva. Neste caso concédeselle á empresa Prefabricación y Montajes del Noroeste SA unha axuda para a contratación de dous alumnos por un período mínimo de tres meses cada un. Dentro do apartado de convenios, saíu adiante a solicitude de inclusión de actuación dentro dos proxectos estratéxicos de infraestruturas no medio rural 2012 (PEIM Rural 2012). O obxecto destas axudas sería a realización, con cargo aos orzamentos da Consellería de Medio Rural, de obras de mellora de camiños nas parroquias de Sofán, Aldemunde e Rus. A achega necesaria para a realización dos traballos tería un importe aproximado de 106.000 euros e realizaríanse en réxime de cooperación.

Aprobouse tamén durante a sesión un Convenio de colaboración coa asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui para o programa "Vacacións en paz 2012", que pretende propiciar a integración social de menores saharauis durante unha estadía de vacacións en Galicia durante os meses de xullo e agosto. O obxectivo é evitar que nese período os cativos permanezan en campamentos nos que se chegan a rexistrar temperaturas de 50 grados e colaborar cunha subvención (de 2.670 euros) a sufragar os pases dos nenos e nenas acollidos no Concello de Carballo, así como a que os nenos e nenas de visita participen en actividades de lecer e tempo libre. A Xunta de Goberno incluíu na orde do día a renovación da colaboración do Concello co premio de novela longa en lingua galega Eduardo Blanco Amor, que chega á súa XXX edición e no que participan máis de 50 concellos galegos. Este ano a organización do premio recae no Concello de Fene e a achega económica municipal é de 360 euros. Por último, a sesión supuxo a aprobación de cinco licenzas de obra, dúas de primeira ocupación e a aprobación dunha modificación do contrato para a construción dunha "Praza pública en Sofán".

Compartir: