Inicio Carballo ao día Hemeroteca Catro compañías galegas...

VENRES 27 DE ABRIL ÁS 21.00 HORAS

Catro compañías galegas únense para propoñer o espectáculo "Seisdecatro" no marco de Primavera enDanza

Martes 24 de abril do 2012

As catro compañías que conforman esta arriscado espectáculo comparten residencia en Galicia e asociárose para crear unha proposta que rompa fronteiras e así poder compartir e intercambiar co público o traballo creativo de creadores con estilos e percorridos artísticos moi diferentes. Todas as compañías que participan en "Seisdecatro" teñen participado de xeito individual en Primavera enDanza coas súas anteriores propostas. Os últimos foron Sólodos e La Macana o ano pasado. Os primeiros coa peza "Sólodos", no que dúas bailarinas interpretaron catro pequenos relatos. Os segundos con "El país de las sombras" e a colaboración da compañía sueca Memory Wax, coa que ofreceron aos máis cativos e cativas unha incursión no mundo máxico das sombras. Hai que lembrar que a próxima fin de semana é o peche de Primavera enDanza 2012, que remata o domingo 29 de abril cun espectáculo para público infantil: "Río de Luna" da compañía andaluza Da.Te Danza. A cita é a partires das 18.00 horas e o rezo é de 2,5 euros, 2 euros con desconto.

Compartir: