Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local aproba tres convenios de...

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba tres convenios de colaboración

Luns 26 de decembro do 2005

No primeiro dos casos, o convenio ten por obxecto a colaboración cos concellos no sostemento dun Grupo de Municipal de Intervención Rápida, co fin de conseguir a inmediata resposta a situacións de emerxencia en diferentes ámbitos. A Deputación da Coruña participará mediante o aboamento dunha subvención ao Concello dos gastos de sostenemento do Grupo por un importe máximo de 45.000 euros, que se destinarán a financiar os gastos de nóminas de persoal e material funxibel. O segundo convenio co ente provincial ten por obxecto o mantemento do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, polo que a Deputación aportará a cantidade de 6.000 euros. O Concello de Carballo comprométese a prestar o servizo de normalización ao longo do período de outubro de 2005 a setembro de 2006. O último dos convenios, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Federación Española de Municipios e Provincias, alude ao suministro de información de carácter tributario ás Entidades Locais, coa adhesión íntegra, plena e incondicional do Concello de Carballo.

Compartir: