Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello demanda a inclusión da Banda...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello demanda a inclusión da Banda Municipal e da Big Band na Rede Cultural da Deputación

Martes 27 de decembro do 2005

Ademáis destes asuntos, a Xunta de Goberno Local acordou aprobar a certificación segunda da obra Remodelación planta soto e planta primeira antigos xulgados. Tamén déronse de baixa dous vaos permanentes nas rúas Alfredo Brañas e Gran Vía e autorizouse outro na Rúa Baixa.

Subvencións

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a concesión de varias subvencións a distintas comunidades veciñais que solicitaron axudas para arreglos e reformas de obras comunitarias e de interese público. Así, concedéronse subvencións para o arreglo da traída de auga de Bértoa-Silboso -1.399,30 euros-, a reposición de tubería por roturas totales en Razo -4.702,22 euros-, a reposición de tubería en Quintás -2.465 euros-, a reparación da traída comunal á comunidade de augas ‘Fontes do Braño do Canedo’ -4.000 euros-, a restauración da Igrexa de San Miguel de Vilela -4.000 euros-, a restauración de imaxe en Sofán -4.000 euros-, e a restauración das beirarrúas da Iglesia de Berdillo -4.000 euros-.

Compartir: