Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello subscribe un convenio para a...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello subscribe un convenio para a actuación en emerxencias e para a prevención e extinción de incendios forestais

Luns 2 de xullo do 2012

Así mesmo, o Grumir deberá asumir as funcións recollidas no Plan de Emerxencia Municipal (PEMU), no Plan de Actuación Municipal (PAM), no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga), no Plan de Defensa contras os incendios forestais de Distrito (Ppdcif) e as establecidas nos diferentes plans de Protección Civil de Galicia. Fóra da orde do día, a Xunta de Goberno supuxo a adxudicación do Contrato administrativo de servizos de "Mantemento das aplicacións informáticas de xestión municipal", que recae na empresa T-Systems ITC Iberia SA de Vigo. O prezo de adxudicación é de 191.038,51 euros por un período de catro anos. A orde do día tamén incluíu a aprobación de cinco licenzas de obra, dúas licenzas de obra e apertura e unha licenza de primeira ocupación.

Compartir: