Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 80 pilotos participan no IV...

VENRES 6, SÁBADO 7 E DOMINGO 8 DE XULLO

Máis de 80 pilotos participan no IV Autocross Carballo, proba puntuable para o Campionato de España

Martes 3 de xullo do 2012

A cita principia o venres 6 de xullo coa constitución do comité de comisarios deportivos e as verificacións administrativas e técnicas, que como na anterior edición terán lugar na Praza do Concello a partires das 17.00 horas para que os veciños e veciñas que o desexen poidan desfrutar dos coches e dos pilotos. As verificacións continúan o sábado pola mañá, no mesmo lugar, ata as 13.00 horas, aproximadamente. A actividade no Circuíto de Bértoa principia ás 14.30 horas cos adestramentos oficiais, mentres que o domingo 8 a partires das 9.00 horas son as mangas finais. A entrega de trofeos está prevista para as 12.30 horas. O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo agradecer o labor "de toda a xente anónima que bota unha man para poñer en marcha o Circuíto" e poder celebrar probas "de distintas especialidades" como a que ten lugar a fin de semana. O Alcalde, Evencio Ferrero, tamén quixo resaltar que un dos obxectivos cando se emprendeu a recuperación do circuíto era "facelo atractivo", como se demostra polo feito de que acolla probas do Campionato de España e de que a RTVG acuda a realizar unha retransmisión. Augurou "carreiras tremendamente interesantes" para a proba e por último, desexou "que moita xente se achegue a ver o autocross e que todo transcorra con normalidade e sen incidencias, excepto as deportivas".

Os interesados e interesadas en obter máis información, poden facelo na páxina web de Escudería Coruña, na sección dedicada ao IV Autocross Carballo, nunha ligazón nesta mesma nova, así como consultar a listaxe de inscritos.

Compartir: