Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno aproba por unanimidade tres...

LUZ VERDE AO INCREMENTO DAS TAXAS DO CONSERVATORIO

O pleno aproba por unanimidade tres mocións sobre as plantas xudiciais, a mellora da travesía de Bértoa e os abonos deportivos

Martes 3 de xullo do 2012

Así coa nova planta xudicial a demarcación carballesa pasaría a formar parte da planta da Coruña xunto coa de Betanzos, co conseguinte prexuízo para profesionais e veciñanza do municipio. Tamén insta ao Goberno para que retire o Anteproxecto de Reforma das taxas xudiciais, e para que reforme a Lei 37/2011, de 10 de outubro, de Medidas de Axilización procesal, no sentido de volver ao sistema anterior no que se refire á contía dos recursos de apelación e casación e en materia de costas no proceso contencioso-administrativo, para favorecer que a cidadanía teña acceso á defensa universal. Por último, saíu adiante por unanimidade, despois da inclusión dunha enmenda, unha moción do PP para instar ao Padroado Deportivo Municipal a que avalíe as circunstancias nas que se podería modificar a idade na que se poden manter os fillos/as dos abonados/as como beneficiarios do abono familiar, mentres non teñan ingresos por atoparse en situación de desemprego ou por continuar os seus estudos.

Taxas do Conservatorio e Comisión de Investigación

O pleno tamén supuxo a modificación da Ordenanza fiscal nº 18: Taxas do Conservatorio Profesional de Música co apoio do PSOE e o BNG. O cambio supón un incremento nos abonos de matrícula co obxectivo de reducir o déficit do organismo nestes momentos, que ascende a 200.000 euros derivados dos gastos de mantemento. O Concello incluirá Conservatorio a partir de agora nas bolsas de estudo que concede a administración local, ás que tan só poderán optar aqueles alumnos e alumnas do municipio, dado que o centro conta con estudantes carballeses, pero tamén cunha importante porcentaxe de alumnado doutros concellos, especialmente en Grao Profesional. As taxas serían, para grao elemental: 285 euros para o curso completo; 50 euros para as probas de acceso; e 70 euros para materias pendentes. Para Grao Profesional serían: 335 euros para o curso completo en 1º e 2º curso, 385 euros en 3º e 4º e 440 euros para 5º e 6º curso; 80 euros para as probas de acceso; e unha taxa de 100 euros para materias pendentes.

No apartado de seguimento de órganos de goberno, a orde do día supuxo a dación de conta das conclusións da Comisión Especial de Investigación pola presunta contratación irregular dunha persoa polo Concello de Carballo relativa ao servizo de axuda a domicilio. O ditame foi referendado por PSOE, PP e TEGA e rexeitado polo BNG. Dentro da orde do día tamén saíu adiante un recoñecemento dunha compatibilidade por parte dun operario municipal para desempeñar un segundo posto de traballo no sector privado.

Compartir: