Inicio Carballo ao día Hemeroteca A praia de Razo ofrece Escolas de Verán...

HORARIOS: DE LUNS A DOMINGO DE 16.00 A 20.00 HORAS

A praia de Razo ofrece Escolas de Verán gratuítas de Volei Praia e acolle a celebración de dous torneos en xullo e agosto

Sábado 7 de xullo do 2012

Respecto da información dos torneos máis polo miúdo, o primeiro deles celébrase o venres 20 e o sábado 21 de xullo coincidindo coa celebración do Festival Sereas e Piratas e conta con categoría masculina e feminina. Neste caso, a cita estipula un prezo inicial de inscrición de 20 euros xa que a organización ofrece premios en metálico aos mellores clasificados de ata 200 euros. Nestes momentos está aberto o prazo de inscrición e os interesados/as poden dirixirse a <ros25volei@yahoo.es> ou ao número de teléfono 606 400 858. O V Torneo Concello de Carballo, pola súa banda, celébrase o domingo 19 de agosto. A participación neste caso é gratuíta grazas ao patrocinio do Concello, Conservas Calvo e Alquileres Reneymar. A cita estará aberta a seis categorías, xa que pretende abranguer todas as idades, "dende os máis cativos e cativas ata xubilados", en verbas de Rosalino Mariño, responsable da actividade. Nestes momentos a organización traballa para completar o programa do torneo coa inclusión dalgunha actividade paralela, como un concurso de Miss e Míster Praia de Razo ou a presenza algunha exhibición deportiva. Así mesmo, aínda que nun principio os torneos terían lugar na explanada, a organización baralla a posibilidade de trasladar unha das dúas citas á zona do Cordobés, para estender a actividade deportiva a todo o areal. Estes detalles pecharanse nos próximos días.

Compartir: