Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo experimenta unha tendencia positiva nos...

COMISIÓN PARA COORDINAR AS ACTUACIÓNS DE TRÁFICO

Carballo experimenta unha tendencia positiva nos índices de seguridade cidadá no primeiro semestre de 2012

Martes 10 de xullo do 2012

Esta reunión ordinaria da Xunta Local de Seguridade continúa e reforza o labor realizado nas Comisións Especiais de Seguridade que se celebran regularmente no Concello carballés, a última delas celebrada en abril deste ano e na que se dou conta do informe da Policía Local sobre as incidencias de 2011. Así, durante o pasado exercicio asinouse un protocolo entre o Concello de Carballo e a Xefatura Provincial de Tráfico polo que a administración local poderá tramitar o cambio de domicilio no Rexistro de Condutores da DXT (Dirección Xeral de Tráfico) así como realizar duplicados do permiso de circulación de vehículos polo cambio de domicilio do seu titular. Tamén se mantivo unha xuntanza entre os directores dos institutos do municipio, a Garda Civil, Policía Local e Servizos Sociais para coordinar actuacións contra o absentismo escolar e de prevención en materia de seguridade. E producíronse sucesos concretos destacados, como o falecemento dunha muller en Rus ou a desaparición dun mozo que traballaba no centro de Aspaber, así como a tentativa de roubo producida na Horta do Casino, que se saldou coa detención dun dos implicados. A Xunta Local de Seguridade que vén de celebrarse redundou nalgunha das ideas expostas durante a Comisión Especial, como a de continuar coa estreita relación entre os responsables da Garda Civil e da Policía Local para coordinar actuacións e redundar nun labor o máis eficaz posible das forzas de seguridade.

Compartir: