Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde na Xunta de Goberno á licenza...

SUBVENCIÓNS PARA ENTIDADES QUE TRABALLEN NOS SERVIZOS SOCIAIS

Luz verde na Xunta de Goberno á licenza para desenvolver as obras de ampliación do CEIP Bergantiños da capital municipal

Luns 16 de xullo do 2012

A Xunta de Goberno tamén supuxo a aprobación das bases da Convocatoria de subvencións para asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolven accións no eido dos servizos sociais no ano 2012. Estas axudas pretenden fomentar o desenvolvemento de actividades que poidan ser consideradas de interese social para o Concello de Carballo, contribuíndo á consecución de actuacións que, de xeito prioritario, se dirixan á poboación máis desfavorecida. Poderán ser obxecto de subvención as accións de servizos sociais puntuais anuais dirixidas á comunidade, á familia, infancia e mocidade, a minusválidos/as, á terceira idade, á muller, a drogodependencias e alcoholismo, a minorías étnicas, a delincuencia e reinserción de ex internos, a problemáticas de marxinación social e a accións de carácter formativo ou asistencial. Segundo as bases, destinarase á concesión destas axudas un importe máximo de 22.000 euros. A documentación necesaria para optar á subvención deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 30 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación das bases na prensa local. Os beneficiarios/as deberán presentar a documentación xustificativa antes do 1 de decembro de 2012, incluído unha memoria da actividade e as facturas derivadas do seu desenvolvemento.

A sesión da Xunta de Goberno supuxo, por último, a aprobación do convenio entre o Concello de Carballo e a Universidade da Coruña (UDC) para o desenvolvemento do II Curso de Verán "A evolución do turismo no marco da sociedade global: retos para a súa planificación e xestión", celebrado entre o 10 e o 13 de xullo; luz verde para o programa do Verán Cultural 2012 e a concesión de catro licenzas de obra.

Compartir: