Inicio Carballo ao día Hemeroteca A música de Xoán Curiel e as aulas...

XOVES 19 E VENRES 20 DE XULLO

A música de Xoán Curiel e as aulas de teatro das universidades de Sevilla e Jaén enchen as citas do Verán Cultural

Mércores 18 de xullo do 2012

E para finalizar a semana o público carballés poderá desfrutar de teatro ao aire libre a cargo do proxecto escénico de Acción Cultural Española do Ministerio de Cultura, que pretende rescatar a empresa emprendida por Federico García Lorca de levar os clásicos do teatro español por toda España representados por universitarios baixo a denominación "Las huellas de La Barraca". Nesta ocasión será a Aula de Teatro de Antropoloxía da Universidade de Sevilla e In vitro Teatro da Universidade de Jaén que representarán o espectáculo "El bobo del colegio" do célebre autor e dramaturgo Lope de Vega. Esta comedia de intriga e ritmo vertixinoso narra a divertida historia de enredos dun mozo valenciano, Garcerán, que se namora dunha fermosa salmantina, Fulgencia, que vive en Valencia pasando unha tempada na casa da súa tía Lisarda. Este espectáculo ten lugar o venres 20 de xullo ás 22.30 horas no palco da Praza do Concello e conta coa colaboración de Acción Cultural Española do Ministerio de Cultura. Hai que lembrar que o proxecto "Las huellas de La Barraca" visita Carballo de novo, despois de estar na Praza do Concello en anos anteriores con propostas tamén de Lope de Vega como "La Gatomaquia" ou "Quién todo lo quiere: comedia famosa".

Compartir: