Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Concelleira de Desenvolvemento Urbano...

OS PRAZOS DE EXECUCIÓN MARCHAN SEGUNDO O PREVISTO

A Concelleira de Desenvolvemento Urbano inspecciona as obras da nova Biblioteca, que abordan o revestimento da fachada

Xoves 19 de xullo do 2012

Ademais de visitar as obras da Biblioteca, Milagros Lantes e Alfredo Garrote, acompañados tamén neste caso polo Alcalde, Evencio Ferrero, visitaron esta semana a nova Praza pública de Sofán. Os traballos están rematados dende mediados de xuño, aínda que restaban pequenos detalles, como a eliminación do tendido eléctrico aéreo e dun poste da luz e a instalación do novo alumeado. Nestes momentos estanse colocando as lousas para cubrir o espazo deixado polo poste do tendido, xa eliminado, e resta a instalación dos puntos de luz. A parroquia estreará o novo espazo de lecer -de máis de 900 metros cadrados- coa celebración os días 6, 7 e 8 de agosto das festas de San Salvador. As obras comezaron a principios de 2012 da man da empresa adxudicataria, Decoraciones J. Bello, que asumiu o proxecto por un importe de 160.219 euros. Os traballos sufriron un lixero atraso no mes de abril debido ás abundantes choivas, pero os veciños e veciñas xa desfrutan dende hai uns días de actividades neste espazo, como durante a celebración das festas do Corpus coa procesión e a elaboración da alfombra floral. Hai que lembrar que a proposta xurdiu despois da aprobación dunha iniciativa veciñal da Asociación de Veciños San Salvador de Sofán no pleno da corporación a finais do ano 2009, a primeira xurdida a raíz do Regulamento de Participación Cidadá, e que o proxecto forma parte do POS 2011 da Deputación.

Compartir: