Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 65 carballeses e carballesas...

ENTRE O 30 DE XULLO DE 0 31 DE AGOSTO

Máis de 65 carballeses e carballesas maiores de 60 anos participan en actividades lúdicas na Universidade do Minho

Sábado 28 de xullo do 2012

No caso do Concello carballés, a participación dos maiores do municipio está dividida en tres quendas: a primeira entre entre o 30 de xullo e o 3 de agosto con 18 persoas; a segunda entre o 6 de agosto e o 10 de agosto con 22 participantes; e a terceira entre o 27 e o 31 de agosto con 27 persoas. A estadía en Portugal, nas Residencias da Universidade de Miño, inclúe transporte e pensión completa, con comidas nas Unidades Alimentares da Universidade do Minho polo que a actividade resulta completamente gratuíta para os seus integrantes. O obxectivo da iniciativa é o de desenvolver unha cooperación institucional para unha utilización conxunta das instalacións transfronteirizas e os servizos sociais; mellorar a información sobre os hábitos de vida saudable para as persoas maiores, esencialmente no contexto dunha alimentación sanda, exercicio, actividade intelectual, etc.; desenvolver o intercambio xeracional e cultural; crear un programa de actividades coa participación activa das persoas maiores no tema do deporte, cultural, ocio e de formación para a boa práctica das rutinas diarias; motivar e advertir aos participantes para a mellora e mantemento da condición biolóxica, intelectual e emocional; reforzar a auto-confianza dos participantes ao nivel das súas capacidades e desenvolver a súa intelixencia emocional; establecer vínculos sociais con persoas doutros lugares e culturas, e desenvolver sesións de información para as persoas maiores dunha forma máis intensiva.

Compartir: