Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo rexistra en 2011 máis de 1.200...

CAMPAÑA NA PRAZA DO CONCELLO ENTRE O 2 E O 4 DE AGOSTO

Carballo rexistra en 2011 máis de 1.200 doazóns de sangue, cun incremento dun 10 por cento respecto do ano anterior

Luns 30 de xullo do 2012

Hai que mencionar que o Concello carballés mantén a media de doazóns rexistrada na comarca de Bergantiños, que tamén chega ás 40 doazóns por cada 1,000 habitantes e ano, rexistrándose en toda a comarca 2.794 doazóns. Ademais da promoción que se intensifica nestas datas, nas que "a pesar de que a sinistralidade rexistrada en accidentes de tráfico baixou, o sangue segue facendo falta", en verbas de Ferrero, o Concello inclúe nas cartas nas que se distribúe a información tributaria un recordatorio das datas nas que é posible realizar doazóns dentro das campañas do Centro de Transfusión. Así mesmo, o Concelleiro de Seguridade, Xosé Regueira, quixo agradecer especialmente o labor dos socorristas que realizan de forma desinteresada nos areais a promoción da campaña de doazón de primeiros de agosto, insistindo no necesario esforzo que se debe realizar. Ángeles Pazos tamén quixo resaltar a importancia da participación dos veciños e veciñas para garantir o correcto desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos, que precisan ao redor de 40.000 doazóns de sangue nos meses de verán. Así mesmo, o CTG subliña que a doazón de sangue é un acto seguro, sinxelo e cómodo que pode contribuír mesmo a salvar a vida dun doente e que en ningún caso é prexudicial para a saúde ou debilita o organismo.

Compartir: