Inicio Carballo ao día Hemeroteca A mesa de contratación propón...

O IMPORTE ANUALE É DE 740.000 EUROS CON IVE

A mesa de contratación propón á empresa Urbaser para asumir a concesión do servizo de recollida de lixo do Concello

Martes 31 de xullo do 2012

Hai que subliñar que a adxudicación propón un enfoque novo na xestión do lixo, baseado na redución e reciclaxe dos residuos sempre tendo en conta a nova normativa; e tamén, no caso da Canceira Municipal, na protección dos animais favorecendo políticas de adopción. O contrato coa empresa Rexer, responsable da recollida de lixo, expirou o 31 de decembro de 2011, polo que nestes momentos está prorrogado ata que a nova empresa asuma a xestión. O obxectivo do goberno cos cambios introducidos na xestión é tentar reducir custos, xa que nestes momentos o servizo é deficitario en 400.000 euros; e mellorar a eficiencia, incluíndo no contrato a xestión do Punto Limpo e da Canceira Municipal, que até o de agora estaban sendo levados por Aspaber e pola Brigada de Obras, respectivamente. Hai que lembrar, así mesmo, que dentro do programa de xestión de residuos, o Concello, coa colaboración da empresa Aceite Vexetal SL, vén de poñer en marcha un novo servizo de recollida de aceite de cociña usado a disposición de todos os veciños e veciñas. O único que ten que facer a cidadanía é verter o aceite de cociña usado (de xirasol, de oliva, de millo, de soia, etc.) ou o aceite das conservas nun recipiente de plástico. Logo, deben levar o envase perfectamente pechado aos diferentes colectores de cor laranxa que están situados en varios edificios de titularidade municipal, como a Casa do Concello ou o Mercado Municipal.

Compartir: