Inicio Carballo ao día Hemeroteca Felicitación aos dous axentes da...

SUBLÍÑANSE OS SEUS DOTES PROFESIONAIS E POLICIAIS

Felicitación aos dous axentes da Policía Local que colaboraron nas detencións por un intento de roubo na Horta do Casino

Martes 31 de xullo do 2012

Hai que lembrar que os feitos ocorreron a última hora do pasado xoves 8 de marzo de 2012, cando dende a Central de Policía dous axentes recibiron un aviso de que varios mozos encapuchados están tentando roubar varios vehículos situados no aparcadoiro público da Horta do Casino. Os representantes das forzas de seguridade dirixíronse ao lugar accedendo ao aparcadoiro polas rúas Lugo e Ponte e observaron que seis persoas estaban arredor dun turismo alí estacionado, mentres que tres delas estaban rodeando a un home tirado no chan que estaba sendo agredido. Despois de dar o alto, a metade dos encapuchados saíron correndo, mentres que os axentes comezaron a perseguir aos outros tres asaltantes, cos que se produciron varios enfrontamentos físicos, levando un deles un arma branca coa que feriu a un dos representantes das forzas de seguridade. Finalmente, os axentes logran apresar e reducir a M.B.R., ao que identificaron como o que estaba agarrando directamente á persoa tirada no chan, ademais de poder identificar durante a loita sen ningún xénero de dúbida a D.N.C. e R.I.A.G.. Das dilixencias realizadas en días posteriores produciuse a detención a maiores das outras dúas persoas identificadas.

Compartir: