Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os Venres Culturais estrean agosto coa...

VENRES 3 ÁS 22.30 HORAS NA PRAZA DO CONCELLO

Os Venres Culturais estrean agosto coa actuación do Mago Rafa, que presenta o sorprendente espectáculo "Imaxinarte"

Luns 2 de xullo do 2012

O Mago Rafa nace en Lugo en maio de 1977 e dende moi pequeno sente admiración polos magos que ve na tele pero a súa verdadeira paixón pola maxia comeza cando Rafa ten 12 anos e presencia un espectáculo do Mago Antón ("Merlín e Familia") nas festas do seu barrio. Dende ese día Rafa queda fascinado cos poderes que o Mago Merlín lle outorga ao Mago Antón e soñaba con que algún día Antón lle transmitira eses poderes a el. Co paso dos anos e en idade de estudar nun instituto aprendeu os seus primeiros xogos de maxia co obxectivo de entreter, divertir, sorprender e chegar a marabillar á xente con cousas imposibles como as que el vira naquel marabilloso espectáculo do Mago Antón. Coincidindo coas festas do San Froilán, o patrón da súa cidade, cruzouse no seu camiño un Mago Bosníaco, cuxo nome é Sasha, o cal cando viu o interese de Rafa por facerse Meigo, ofreceulle formar parte do Colectivo Máxico Waldemar (Colectivo de Magos Lucenses que se reúnen todos os mércores no Mesón do Forno). Desde ese día a vida de Rafa cambiaría completamente. No Colectivo, Rafa atopouse de novo co Mago Antón (xa estaba máis preto de conseguir ese poder que tanto quería). Alí tamén se atopaban outros magos como Teto, David ou Carlos Coira entre outros. Eles ofrecéronlle a súa axuda para poder conseguir o que máis tarde sería o seu soño.

Compartir: