Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello lembra que está prohibida a...

AS INFRACCIÓNS VAN DOS 150 AOS 300 EUROS

O Concello lembra que está prohibida a permanencia de cans e outros animais nas praias do municipio durante o período estival

Sábado 4 de agosto do 2012

Hai que lembrar que, aínda que a Ordenanza reguladora da limpeza, salubridade e hixiene recolle unha infracción leve para quen permita que os cans circulen ceibes polas praias, a reincidencia neste tipo de infracción -entendendo que existe tal reincidencia cando se comete unha infracción do mesmo tipo que a que motivou unha sanción anterior no prazo de trescentos sesenta e cinco días seguintes á notificación- supón automaticamente que se trata dunha infracción grave, na que as sancións poden ir dende 301 ata 2.404 euros. Tamén convén lembrar que a Ordenanza recolle a normativa sobre as deposicións dos cans, xa que queda absolutamente prohibido que os propietarios ou posuidores de cans deixen as deposicións dos seus animais en parques infantís ou xardíns de uso frecuente por parte dos nenos e nenas, así coma nas beirarrúas e zonas de paso de peóns, e en xeral, en toda a vía pública. As deposicións que se produzan serán recollidas polos propietarios ou posuidores dos cans e colocaranse de maneira hixienicamente aceptable nos colectores de recollida de lixo. As sancións, coma no caso da circulación dos cans nas praias, poden ser de entre 150 e 300 euros, aínda que a reincidencia suporía infracción grave.

Compartir: