Inicio Carballo ao día Hemeroteca O polígono de Bértoa...

INSCRICIÓNS ATÉ O 15 DE AGOSTO

O polígono de Bértoa carballés acolle o 25 de agosto o cuarto circuíto BTT (Bibicleta Todo Terreo) 12 horas

Martes 14 de agosto do 2012

Hai que mencionar que a inscrición está aberta até o 15 de agosto, e até o día 19 cunha penalización de 5 euros. Para os acompañantes a inscrición é de 15 euros. A cita foi presentada en rolda de prensa coa presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; e Fran López Costoya, Campión do mundo de Raids 2010, ademais de membros da organización. Ademais de coa colaboración do Concello de Carballo, na organización participan o Club Ciclista Carballo, Arán, Comercial Sánchez Viqueira, Disboa SL e Protección Civil do Concello de Carballo. Os interesados/as en obter máis información poden obtela no web da Asociación Deportiva Media Ducia: www.admediaducia.es. Tamén é posible descargar o cartel anunciador da proba en pdf nesta mesma nova.

Compartir: