Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 500 persoas participaron na...

HOUBO ARREDOR DE 200 XOGADORES E XOGADORAS EN COMPETICIÓN

Máis de 500 persoas participaron na xornada lúdica do V Torneo de Volei Praia Concello de Carballo

Xoves 23 de agosto do 2012

En súper 80 mixto competiron 24 persoas. A final xogárona Elena e Carlos (Carballo) ante Quico e Rosa (Lugo e A Coruña), e o marcador final foi de 21-17. En categoría xuvenil masculina foron 12 parellas as competidoras. A final foi entre Diego e Pablo (A Coruña) e Cristian e Álex (Carballo), que gañaron os primeiros por 2-0. En xuvenil feminino participaron 14 parellas. O título disputárono Susana e Alba (A Coruña) ante Paula e Xiana (A Coruña), o marcador foi de 2-0. Por último, na categoría super mini competiron 32 equipos, cada un formado por catro compoñentes. O campión foi o integrado por Pascual e Gonzalo Reverter, Darío Varela e Albero Roca. Os interesados e interesadas poden descargar os resultados e as táboas cos enfrontamentos ao completo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: