Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Parque de Rego da Balsa acolle o 25 e 26 de...

EN HORARIO DE 10.00 A 22.00 HORAS

O Parque de Rego da Balsa acolle o 25 e 26 de agosto Berocasión, a feira de vehículos de ocasión de Carballo

Xoves 23 de agosto do 2012

Hai que subliñar que o sector de vehículos de ocasión trátase dun mercado, que ao contrario que os dos novos, non parou de medrar, e nestes intres en Galicia, 3 de cada 4 coches que se compraron dende xaneiro a xullo, foron de ocasión. Esto é, un 75 por cento, moi superior á media española dun 67 por cento, segundo os datos de Ganvam. Para facilitar a instalación e o funcionamento da feira, o Concello de Carballo cortará o acceso e reservará o aparcamento das rúas colindantes ao Parque do Rego da Balsa dende o venres 24. Tamén, nesta ocasión, o Concello de Carballo velará por evitar a venda ilegal de vehículos nas inmediacións da feira, xa que a zona de aparcamento estará reservada para os visitantes e vendedores e estará prohibido o aparcamento de coches particulares con fins de venta. Durante a fin de semana está prevista a presenza en Berocasión do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador da cita en pdf nesta mesma nova.

Compartir: