Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado en Xunta de Goberno o expediente de...

LUZ VERDE PARA O PROGRAMA DE EXERCICIO FÍSICO PARA MAIORES

Aprobado en Xunta de Goberno o expediente de contratación para a creación dunha "Rede de saneamento na parroquia de Artes"

Luns 27 de agosto do 2012

A Xunta de Goberno supuxo tamén luz verde para o Programa de Actividade Física para Maiores de 60 anos para o exercicio 2012-2013, unha actividade que se desenvolverá entre o 1 de outubro de 2012 e o 30 de xuño de 2013 e que consiste na realización de dúas ou tres sesións semanais de entre 30 e 45 minutos de exercicio aeróbico, acondicionamento muscular e flexibilidade de baixo impacto osteoarticular, cun aumento progresivo de intensidade de baixa a moderada, ou media intensidade. No apartado de convenios, aprobouse a Programación do Pazo da Cultura para o segundo semestre de 2012 da Rede Galega de Teatros e Auditorios (Agadic), así como un convenio coa Agadic para o mesmo segundo semestre, nos que se inclúen seis espectáculos, tres de programación infantil e tres de programación para adultos, algúns dos cales están incluídos no Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) 2012. Por último, a sesión da Xunta de Goberno supuxo a autorización de tres vaos, dous permanentes e un laboral; e a aprobación de tres licenzas de obra, unha licenza de obra e apertura e sete licenzas de primeira ocupación.

Compartir: