Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Praza dos Libros mantén o nivel de...

OS LIBREIROS RECADARON ARREDOR DE 16.000 EUROS

A Praza dos Libros mantén o nivel de vendas e aumenta a participación con respecto a edicións anteriores

Martes 28 de agosto do 2012

Tamén hai que subliñar o elevado número de vendas de "Vinte en escena", de Rosalía Fernández; "As rapazas de Xan", de Manuel Iglesias Turnes; e o libro conxunto "Primavera de navallas / Solpor en Waterloo", de Xurxo Chapela e Xosé Manuel García. En castelán destacaron "50 sombras de Grey" e "El abuelo que saltó por la ventana y se largó". En practicamente todos os actos a carpa que os acollía quedou pequena debido á alta asistencia de público, tanto nas presentacións, como nas actividades de animación infantil ou nos distintos concertos que houbo -como o da rapeira Aid, no que se rexistrou unha alta afluencia de adolescentes, ou o de "Arrolos de salitre", no que a Praza dos Libros foi tomada por nais e pais cos seus bebés nos carriños. O momento de maior asistencia foi o domingo pola mañá, no que a Praza dos Libros coincidiu coa feira tradicional e cando se desenvolveu con moito éxito unha vez máis a iniciativa "Un libro, un pan", coa que cada persoa que comprou un libro foi agasallada cun dos 400 pans de Carballo que se repartiron. Estas cifras son consideradas positivas tanto polo Concello como polas librarías participantes e consolidan a boa acollida da Praza dos Libros como unha referencia anual para a difusión do libro e da lectura, dándolle especial protagonismo á creación galega. Esta actividade está organizada polo Concello de Carballo, e conta coa única colaboración económica de Conservas Calvo.

Compartir: