Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Circuíto de Motor de Bértoa...

SÁBADO 1 DE SETEMBRO A PARTIRES DAS 9.00 HORAS

O Circuíto de Motor de Bértoa acolle o V Autocross Bergantiños, proba puntuable para o Campionato Galego

Xoves 30 de agosto do 2012

Respecto dos horarios da cita, as verificacións administrativas e técnicas son no propio Circuíto a partires das 9.00 horas, coa publicación da listaxe de autorizados ás 11.45. Os adestramentos son a partires das 12.00 horas, mentres que xa pola tarde, desde as 15.30 horas, comezan as roldas semifinais e finais en cada unha das categorías. A entrega de trofeos está prevista para as 19.30 horas. A Escudaría Bergantiños Motor quixo agradecer durante a presentación da proba a colaboración prestada polo Concello, a través da Concellaría de Deporte que dirixe Marcos Trigo, e do Padroado Deportivo Municipal. Así mesmo, agradecen o apoio de voluntarios e patrocinadores, sen quen sería imposible a celebración da cita. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, tamén quixo subliñar que o Autocross Bergantiños chega á súa quinta edición e que o Circuíto Municipal de Motor conta xa "cunha programación estable", ademais de terse convertido nun referente para os afeccionados ao mundo do motor. Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador da cita nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: