Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os actores Alberto San Juan e Willy Toledo...

O PREMIADO ANDRÉS LIMA DIRIXE A PROPOSTA

Os actores Alberto San Juan e Willy Toledo visitan o FIOT 2012 da man da compañía Animalario e a obra "El Montaplatos"

Luns 3 de setembro do 2012

A súa relación con Andrés Lima, director de "El montaplatos" e fundador da compañía Riesgo, tamén vén das orixes da compáñía, xa que entran en contacto con el mentres representan "Animalario" e a súa afinidade no xeito de ver o teatro lévaos a realizar unha nova montaxe unindo as súas respectivas compañías. Un ano máis tarde, cos dous grupos xa unificados, adoptan o nome de Animalario e estrean"El fin de los sueños", escrita tamén por Alberto San Juan. Na súa historia máis recente hai que mencionar a produción en 2008 da obra "Urtain", escrita por Juan Cavestany sobre a vida do boxeador español José Manuel Ibar "Urtain". A obra foi a gañadora absoluta da XIII edición dos Premios Max, ao lograr 9 dos 12 galardóns aos que optaba, entre eles os de mellor espectáculo, mellor director (Andrés Lima) e mellor actor protagonista (Roberto Álamo). A obra estivo de xira durante un ano por toda España. En 2009 estrean no Festival de Mérida, a obra "Tito Andrónico", de William Shakespeare, que pasará despois ao Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro. Antes de "El montaplatos", a súa última produción é "Penumbra", en 2011, un texto de Juan Cavestany e Juan Mayorga, dirixido por Andrés Lima. Entre os rasgos máis carácterísticos de Animalario, tamén hai que subliñar a súa vocación de equipo. Así, antes de iniciar os ensaios das obras que representa, adoitan emprender talleres de investigación nos que participan os membros da compañía.

Compartir: