Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta Electoral vén de notificar a...

IMPUXÉRONSE MULTAS DE TRÁFICO POR 230.000 EUROS ENTRE 2011 E 2012

A Xunta Electoral vén de notificar a supresión da mesa da parroquia de Vilela por non chegar ao mínimo de 200 votantes

Martes 4 de setembro do 2012

Dentro dos puntos da orde do día, a sesión, que tivo unha duración de pouco máis de vinte minutos, supuxo a aprobación por unanimidade da designación de dous días de festa de carácter retribuído e non recuperable no termo municipal de Carballo para 2013. Dado que o ano que vén o 24 de xuño, día de San Xoán, ten sido declarado como festivo en toda Galicia, os festivos locais propostos para o próximo exercicio son o 12 de febreiro, martes de Antroido; e o 25 de xuño, durante as Festas patronais. Cos votos a favor de BNG, TEGA e PSOE e a abstención do PP aprobouse a Conta Xeral de 2011 tanto do Concello de Carballo como do Padroado Deportivo Municipal despois de terse superado o período de exposición pública. Así, as contas foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do pasado 18 de xullo.

Compartir: