Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Conservatorio Profesional de Música abre...

PARA TRÁMITES E MÁIS INFORMACIÓN: 1º ANDAR DO PAZO DA CULTURA

O Conservatorio Profesional de Música abre o prazo de matrícula entre o venres 7 e o venres 14 de setembro

Xoves 6 de setembro do 2012

Así mesmo, e ao igual que no curso pasado, o Concello de Carballo a través da Concellería de Educación e Cultura coa colaboración do Conservatorio, intentará continuar co curso gratuíto de iniciación a música "Música e Movemento" para nenos e nenas de 7 anos que cursen 2º de Educación Primaria e que sexan veciños desta vila. Polo de agora, e ata que non rematen os trámites oficiais co alumnado do Centro, non se poderá facilitar máis información. Tanto o Concello como o Conservatorio estarán pendentes de dar a información oportuna cando sexa posible. Os interesados e interesadas poden consultar as novas taxas do Conservatorio publicadas no BOP (Boletín Oficial da Provincia) nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: