Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de 25 pilotos participan no II Dirt...

SÁBADO 15 DE SETEMBRO ÁS 20.30 HORAS NA CONTORNA DO CCB-GADIS

Un total de 25 pilotos participan no II Dirt Track de Carballo que se converterá nunha homenaxe a Óscar da Beos

Venres 7 de setembro do 2012

Sobre o aspecto deportivo, Juan Puga, de Motor Bergantiños, asegurou que está facendo todo o posible por pechar o mellor cartel posible de pilotos. Así mesmo, destacou as características técnicas da proba, en pista de terra, con curvas á esquerda e con motos que carecen de freo dianteiro, con premios para os sete que cheguen á rolda final. As bancadas contarán con capacidade para 1.500 espectadores sentados, mellórase a iluminación respecto da primeira edición e haberá unha pantalla xigante, así como megafonía cun speaker profesional. A organización quere agradecer a colaboración do Concello de Carballo e de Protección Civil, a Policía Municipal e os Bombeiros de Carballo, así como a presenza dos patrocinadores: Opticalia Enríquez, Vitaldent Carballo e o Centro Comercial Bergantiños Gadis. Precisamente o Gadis ten previsto contribuír á proba entregando a partir do luns 10 de setembro un total de 250 invitacións para a carreira por cada 50 euros de compra e por orde de cliente. Unha vez esgotadas as invitacións, repartiranse outros 1.000 bonos desconto de 2 € sobre o prezo da entrada para o Dirt Track. Todos os membros da organización tiveron verbas para lembrar a Óscar da Beos, e así tamén o Alcalde, Evencio Ferrero, que subliñou o Dirt Track como unha perfecta "homenaxe para unha persoa como Óscar". Tamén agradeceu aos promotores da iniciativa e ás empresas que participan por animarse a "patrocinar nos tempos que corren" nunha "espectacular cita no centro carballés".

Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador do Dirt Track nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: