Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicados os traballos para crear unha rede de...

LUZ VERDE AO CONVENIO PARA ORGANIZAR O XV XIRIAPOP

Adxudicados os traballos para crear unha rede de saneamento en Rus, proxecto incluído no POS 2012

Luns 10 de setembro do 2012

Xa dentro da orde do día, a sesión supuxo o visto e prace para un Convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Asociación Cultural O Molete Psicopop para a organización da XV edición do Festival PopXiriaPop, que se celebrará os días 21 e 22 de setembro. Así, o Concello ten entre as súas finalidades ofrecer un programa cultural variado que satisfaga os intereses de públicos diversos, contribuíndo á difusión da música e colaborando coas diferentes entidades que ao longo do ano organizan diversos actos culturais en Carballo. O Molete Psicopop é unha entidade sen fin de lucro creada co obxecto de promover actividades que teñan como fin último a difusión da cultura musical. A entidade celebra o Festival XiriaPop de xeito ininterrompido dende hai 12 anos, sendo a cita unha referencia dentro dos circuítos musicais tanto a nivel nacional como internacional. Por último, a Xunta de Goberno supuxo a modificación da lonxitude dun vao permanente situado na rúa Vila de Ordes.

Compartir: