Inicio Carballo ao día Hemeroteca A tempada de verán nas praias do...

OS BOTIQUÍNS ATENDERON A PRETO DE 1.000 PERSOAS

A tempada de verán nas praias do municipio saldouse cun único rescate en Razo por parte da Unidade de Salvamento Acuático

Mércores 12 de setembro do 2012

Ademais, hai que subliñar que tampouco están habilitadas e sinalizadas as zonas aptas para o baño en cada praia. Por estes motivos, Protección Civil recomenda que os usuarios e usuarias teñan a máxima precaución á hora de meterse na auga de acudiren aos areais durante os próximos días. Respecto das intervencións de botiquín, hai que lembrar que as praias carballesas contan con cinco, tres en Razo, un nas Saíñas e un en Pedra do Sal, que estiveron abertos a diario de 11.00 a 20.00 horas. O areal de Razo é o que ten rexistrado máis asistencias, con 730 fronte ás 260 das Saíñas e Pedra do Sal. Por meses, o mes de xullo foi o que máis atencións acumulou, con 124 en Pedra do Sal e As Saíñas e 400 en Razo. Hai que lembrar que un ano máis dous dos areais do Concello contaron con Bandeira Azul -As Saíñas e Pedra do Sal-, un distintivo que concede a ONG Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) e que recoñece a calidade das praias, así como das súas augas, ademais dos servizos que ten dispoñibles, como o de duchas, áreas de estacionamento, xestión ambiental, seguridade e en xeral as instalacións das que dispoñen os areais, atendendo á accesibilidade, ao feito de que exista recollida selectiva, ao servizo de salvamento e socorrismo, etc. Por último, hai que mencionar que o servizo da Unidade de Salvamento Acuático principiou o 11 de xuño con 20 traballadores, aos que se sumaron outros 12, ata un total de 32, entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. A actividade prolongouse até o 10 de setembro (coincidindo co comezo do curso lectivo), mes no que houbo de novo 20 socorristas nos areais.

Compartir: