Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Fundación Luís Calvo Sanz aposta...

ESTRÉASE COMO PATROCINADORA DO FIOT

A Fundación Luís Calvo Sanz aposta pola cultura co apoio á XXI edición do Festival Outono de Teatro de Carballo

Xoves 20 de setembro do 2012

Neste sentido, os organizadores non queren deixar pasar a oportunidade de agradecer e de mencionar aos patrocinadores, tanto públicos como privados, que levan xa varias edicións colaborando co FIOT ou que o fixeron en anos pasados como son o Ministerio de Educación, Cultura y Deportes, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), Sogama, a Fundación Reale e a Fundación Iberdrola. Así mesmo, a Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballlo, organizadores do FIOT, informan de que o sábado 22 de setembro ás 13.00 horas está previsto presentar o programa do XXI Festival Internacional Outono de Teatro, no salón de actos do Pazo da Cultura de Carballo (2º andar). Está previsto que presidan a cita Alberto Sueiro, presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; e a concelleira de Cultura, Mar Eirís. Así mesmo, está prevista a asistencia dun representante da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, así como dos patrocinadores privados do festival.

Compartir: