Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo busca fondos europeos para participar no...

O OBXECTIVO DA INICIATIVA É SENSIBILIZAR SOBRE O MEDIO AMBIENTE

Carballo busca fondos europeos para participar no proxecto LIFE + 2012 xunto coa USC e os concellos de Allariz e Ribadeo

Luns 24 de setembro do 2012

O orzamento total previsto para o proxecto é de 538.440 euros, dos que a Unión Europea comprometeríase a achegar 269.220. LIFE é o instrumento financeiro da Unión Europea destinado ao apoio do medio ambiente e á conservación da natureza con proxectos desenvolvidos por todos os países da Unión, así como nalgúns países veciños. Dende 1992, LIFE ten contribuído á creación de 3.708 proxectos, investindo aproximadamente 2.800 millóns de euros para fomentar a protección do medio ambiente. A pesares de que o horizonte da iniciativa remataba en 2013, a Comisión Europea decidiu no seu momento destinar outros 3.200 millóns de euros para desenvolver unha nova etapa do programa LIFE entre 2014 e 2020, cambiando a estrutura organizativa pero mantendo os mesmos obxectivos de protección medioambiental. Os concellos de Carballo, Allariz e Ribadeo, así como a USC, concorren no novo marco de acción do programa LIFE +. A Xunta de Goberno Local tamén incluíu na orde do día a dación de conta de dous convenios: un de colaboración municipal en materia de Policía Local entre o Concello de Carballo e o Concello de Melide; e outro para o desenvolvemento de formación en centros de traballo co CIFP Ánxel Casal-Monte Alto da Coruña. Por último, a sesión incluíu dous expedientes de reclamación por danos, a aprobación de tres licenzas de obra, dunha licenza de obra e apertura e dunha licenza de primeira ocupación.

Compartir: