Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e o Museo do Carnaval de Montevideo...

O ALCALDE RECIBIU A GRACIELA MICHELINI, XERENTE DO ORGANISMO

O Concello e o Museo do Carnaval de Montevideo subscriben un protocolo para intercambiar información e compartir actividades

Martes 25 de setembro do 2012

Respecto da visita a Galicia, a xerente do Museo do Carnaval explica que as orixes da festa en Uruguai atópanse en España, Italia e África. No caso español, especialmente en Cádiz ou Canarias, pero tamén asegura que hai "unhas raíces galegas que non están hoxe tan claras pero que si estaban moi presentes a principios do século pasado". Por iso, espera nesta viaxe recoller testemuños tanto de galegos como das comunidades de uruguaios en Galicia para ver como se viven os "Carnavales" aquí, que cualifica como "moi importantes, diversos e tradicionais". Despois de recalar en Carballo, Michelini estará coa comunidade uruguaia de Vigo e máis adiante reunirase cos responsables do Museo do Entroido de Xinzo de Limia, co mesmo propósito de obter información e sentar as bases dunha colaboración futura. Inaugurado en novembro de 2006, o Museo do Carnaval encóntrase situado no casco histórico da cidade de Montevideo, fronte ao Porto e xunto ao principal centro gastronómico do país, o Mercado do Porto. Aínda que durante a súa visita a Montevideo o Alcalde non tivo a oportunidade de visitalo, a Concelleira de Planificación e Desenvolvemento Urbano e Tenente de Alcalde, Milagros Lantes, si tivo a oportunidade de coñecelo ao pouco da súa apertura. Antes de despedirse, Michelini manifestou a súa vontade de que no futuro Evencio Ferrero poida volver a Montevideo e coñecer o Museo de primeira man.

Compartir: