Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Centro de Formación informa da...

INSCRICIÓNS ATÉ O MÉRCORES 10 DE OUTUBRO

O Centro de Formación informa da convocatoria para as probas de acceso á formación profesional para o emprego de nivel 2

Mércores 26 de setembro do 2012

As persoas aspirantes deberán xuntar á súa solicitude de inscrición: unha fotocopia do documento nacional de identidade, ou número de identificación de estranxeiro ou do pasaporte. A presentación da fotocopia do DNI ou NIE non será precisa se a persoa solicitante dá o seu consentimento para que se consulten os datos relativos aos citados documentos, hai na solicitude un recadro onde hai que marcalo especificamente, de conformidade co previsto na Orde do 7 de xullo de 2009; e, de ser o caso, xustificación de ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento; os aspirantes que soliciten algún tipo de adaptación (ampliación de tempo e medios para a realización da proba), en ambos os casos, non será necesario nin achegar o certificado do grao de discapacidade nin o informe da procedencia das adaptacións solicitadas, se foi recoñecido polo órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de ter recoñecida a discapacidade por outra comunidade autónoma, deberá achegar o certificado de grao de discapacidade e o informe da procedencia das adaptacións solicitadas pola dita comunidade, agás que solicitase o traslado do seu expediente a esta comunidade autónoma. Na solicitude de inscrición hai que indicar a adaptación que se solicita nos recadros do bloque de persoas aspirantes con discapacidade.

Os interesados e interesadas poden consultar a convocatoria das probas ao completo nun documento en pdf nesta mesma nova, así como descargar o impreso de solicitude.

Compartir: