Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Oktoberfest enche Carballo de música,...

ENTRE O 27 E O 30 DE SETEMBRO NA CONTORNA DA RÚA PERÚ

A Oktoberfest enche Carballo de música, cervexa e comida alemá durante toda a fin de semana

Venres 28 de setembro do 2012

Os principais pratos e produtos que se poden encontrar na Oktoberfest van dende salchichas ata patacas fritidas ou albóndegas de atún, así como xenerosas racións de callos. Respecto da comida bávara máis típica, está o hot dog xigante, con salchicha alemá de 50 centímetros de longo que se complementa con diversas salsas, leituga, cebola, etc.; hot dog alemán, un combinado de salchichas alemás de diversos tipos e acompañadas de puré entre diversas gornicións; e cocktail de salchichas, patacas fritas, albóndegas de atún, etc. A carpa estará aberta cada día a partires das 18.00 horas e ata ben entrada a noite. Por último, para axudar aos asistentes, está habilitada unha zona infantil para o entretemento dos máis cativos e cativas.

Compartir: