Inicio Carballo ao día Hemeroteca Redrum abre a XIV edición da Rúa...

ENTRE O XOVES 4 E O SÁBADO 13 DE OUTUBRO

Redrum abre a XIV edición da Rúa dos Contos que ofrece 14 espectáculos durante dúas fins de semana

Martes 2 de outubro do 2012

Os locais de Carballo que participan no programa -pubs, cafetarías ou tascas- son: Mesón A Cabaña, Cafetaría Valle Inclán, Pub A Reserva, Bodegón O Pescador, Cafetaría Colón, Vinoteca La de Bur, Cervexaría A Bombonera, Pub Twenty, Pub O Patacón, Cafetaría Baños Vellos, Pub Divinity, Cafetaría Xorima e Cervexaría Dublín, aos que a organización lle agradece a súa colaboración. Entre os artistas que participan, ademais dos que estrean os seus espectáculos, hai que mencionar á compañía Bucanero, a Celso Sanmartín, a Tonhito de Poi, que mestura humor e música no seu espectáculo "O importante é non levar un jolpe na cabesa", César Cambeiro, Os da ría íntimos, Mentalini, Triatreros, Alféizar, Isi & Isa, ou incluso maxia a cargo de Martín Camiña. Ademais, os máis cativos e cativas teñen tamén a súa cita cos contos na Ludoteca Municipal. A sección máis "gamberra" do FIOT leva o teatro por todo Carballo e a todo tipo de espectadores durante dúas fins de semana. Humor en estado puro!!!

Os interesados e interesadas en consultar o programa ao completo, poden facelo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: