Inicio Carballo ao día Hemeroteca Talía Teatro ultima o proceso creativo de ...

XOVES 11 E VENRES 12 DE OUTUBRO ÁS 21.00 HORAS

Talía Teatro ultima o proceso creativo de "O método Grönholm", estrea no Festival Outono de Teatro 2012

Mércores 5 de setembro do 2012

Esta colaboración entre os organizadores do FIOT e Talía Teatro forma parte do Programa de Sala do XXI Festival Internacional Outono de Teatro que, por segunda ocasión desde 2010 coproduce un espectáculo cunha compañía galega no seu ánimo por impulsar aínda máis a difusión e a dinamización teatral na nosa comunidade. Hai dous anos, o traballo realizado en "Un cranio furado" de Produccións Teatrais Excéntricas viuse recompensado con cinco galardóns nos Premios María Casares, entre eles, o de Mellor Espectáculo do Ano. No caso de Talía Teatro, coa que o FIOT e os seus organizadores, a Asociación Telón e Aparte e o Concello de Carballo, manteñen unha gran relación desde hai anos, esta coprodución quere contribuír a que se converta nunha compañía de referencia en toda España. Por outra banda, a organización do FIOT quere lembrar aos espectadores e espectadoras que a venda de entradas para a función de Tantakka Teatroa "Contra el viento del norte" do domingo 7 de outubro (21.00 horas, 10€) continúa aberta a través da plataforma www.servinova.es e do teléfono 902 504 500. O día da representación, entre as 19.30 e as 20.45 horas, tamén poderán adquirirse os tickets que queden da televenda no despacho de billetes do Pazo da Cultura.

Compartir: