Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicada en Xunta de Goberno a...

O IMPORTE ROLDA OS 90.000 EUROS

Adxudicada en Xunta de Goberno a transformación da rede unitaria do polígono de Bértoa en separativa de fecais e pluviais

Luns 8 de outubro do 2012

Tamén fóra da orde do día aprobouse un convenio coa Asociación Cultural Telón e Aparte para o desenvolvemento do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) 2012. Así mesmo, concedeuse unha licenza de acondicionamento e apertura para o albergue do Centro Social San Xoán Bautista. A orde do día incluíu, ademais, a adxudicación das subvencións a asociacións sen ánimo de lucro que desenvolven actividades no eido dos servizos sociais. Concedéronse un total de 13 axudas por un importe de 22.000 euros entre as seguintes entidades: Médicos do Mundo, Asociación Íntegro, Asociación Agafi, Centro de Día e Inclusión Social San Xoán Bautista, Cáritas Interparroquial de Bergantiños, Asociación 3ª Idade San Xoán Bautista, Asociación Bergantiñán de Familiares e Amigos e Enfermos Mentais (FAEM), Asociación Afaber, Cruz Vermella, Asociación Monte do Gozo - Proxecto Home, Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM), Asociación Fundación Amigos de Galicia e Centro Ocupacional Aspaber. A Xunta de Goberno supuxo a dación de conta do resumo de ingresos da recadación municipal para os meses de xullo e agosto de 2012. A caixa municipal é de 83.662,15 euros para xullo e de 44.989,84 euros para agosto. A recadación municipal é de 1.047.201,13 euros e de 163.286,68 euros, respectivamente. Por último, concedéronse tres vaos permanentes, tres licenzas de obra, seis licenzas de primeira ocupación e unha licenza de parcelación.

Compartir: