Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT afronta a súa terceira semana coas...

FUNCIÓNS: VENRES 19, SÁBADO 20 E DOMINGO 21 DE OUTUBRO

O FIOT afronta a súa terceira semana coas entradas esgotadas para Animalario, Teatro do Morcego e Carmen Machi

Luns 15 de outubro do 2012

A pesares do éxito na venda de entradas, aínda hai tickets dispoñibles para asistir ás dúas representacións que restan do ciclo OTNI, así como para ver "Acto cultural" de Grupo Actoral 80 -venres 26 de outubro-; e "Viaxe a ningunha parte", de Sarabela Teatro -sábado 27 de outubro-. Os interesados e interesadas poden adquirilos en <www.servinova.es> e no 902 504 500 ata o día antes da función. Logo, se non se esgotaron, é posible adquirilas no despacho de billetes do Pazo da Cultura o mesmo día da obra de 19.30 a 21.00 horas. "Acto cultural", representado por una compañía venezolana, conta como nunha pequena vila, os membros da xunta directiva dunha Sociedade Cultural celebran os seus 50 anos coa representacion do drama histórico "Colón Cristóbal, el genovés alucinado", ao que teremos a honra de asistir; á súa vez, "Viaxe a ningunha parte" adapta o coñecido texto de Fernando Fernán Gómez ambientado na posguerra española, nun momento caracterizado por unha forte crise e de cambios para o teatro, como o é tamén o presente. A obra narra a peripecia vital dun grupo de "cómicos da legua". A risa, o pranto, a tenrura, a dor, o amor e a morte, todos os sentimentos e as paixóns humanas van mesturándose nesta odisea na que se sacude unha e outra vez a amargura para plantarlle cara á realidade. Os interesados e interesadas en obter máis información sobre o programa completo do FIOT, poden facerlo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: